O mel e as mazás, protagonistas onte en Ortigueira

O mel e as mazás, protagonistas onte en Ortigueira

A xornada de onte en Ortigueira tivo dous claros protagonistas: o mel e as mazás. As feiras dedicadas a cada un destes produtos da zona baixo a organización de AGA e do Concello, e celebradas baixo unha carpa na Alameda, ofreceron variadas actividades durante todo o día. Máis de corenta postos secundaron a cita que, un ano máis –e xa van trinta e un no caso da dedica ao mel e cinco na da mazá–, serviu para poñer en valor a súa calidade.

Degustacións

Dela puideron dar boa conta as persoas que, pola tarde, se animaron a participar nas degustacións desenvolvidas no mercado.Tamén houbo espazo para os obradoiros, como o de extracción de mel e o de elaboración de candeas.

O prensado de varias especialidades de mazá, que permitiu saborear os diferentes tipos de zumes, ou a presenza dun muíño de pimentón, formaron así mesmo parte dun programa que ao longo da xornada foi sorteando numerosos agasallos entre o público. Unha gran queimada e música puxeron o colofón á cita.

O mel e as mazás, protagonistas onte en Ortigueira

Te puede interesar