A Materioteca de Galicia nace no CIS como espazo de inspiración e de intercambio

A Materioteca de Galicia nace no CIS como espazo de inspiración e de intercambio
CIS de A Cabana la directora de la Axencia Galega de Innovación abre unas jornadas

A sesión de traballo sobre materiais para a economía circular que se levará adiante o mércores durante todo o día no CIS Ferrol terá como primeira actividade a presentación da Materioteca de Galicia, con sede precisamente no edificio da Cabana. Trátase, segundo explican desde a consellería de Economía, dunha “biblioteca de materiais de referencia de Galicia”, con libre acceso para deseñadores, enxeñeiros, arquitectos, tecnólogos, estudantes e “demais profesionais implicados no desenvolvemento de solucións innovadoras para retos empresariais”.

Consiste esta Materioteca nunha combinación de exposición e de arquivo de mostras clasificadas “con servizos especializados para facilitar a transferencia de tecnoloxías de materiais ao tecido empresarial e estimular a innovación intersectorial”. Serán máis de 150 mostras de materais, parte deles creados en Galicia e o resto procedentes da referencia internacional neste ámbito, a Material Connexion, que en España ten sede en Bilbao. Precisamente o seu director, Unai Etchebarria, coordina un obradoiro de innovación en materiais que se inclúe na xornada do mércores.

O obxectivo da Materioteca é o de dar visibilidade a novos materiais pero tamén “ofrecer un espazo de inspiración aos profesionais” e centrar os seus esforzos en “promover a transferencia de coñecemento” entre distintos sectores de actividade.

A Materioteca de Galicia nace no CIS como espazo de inspiración e de intercambio

Te puede interesar