Mañá de colas diante das confeitarías para facerse cos mellores roscóns de Reis

Mañá de colas diante das confeitarías para facerse cos mellores roscóns de Reis
Colas diante da pastelería Gascón, en Recimil, referencia para mercar o roscón de Reis I Jorge Meis

A mañá de Reis, ademais dos nervos e da apertura de agasallos, é tamén a de ir polo roscón de Reis, no caso de que non se probara algunha receita caseira. Cada localidade e cada familia ten as súas confeitarías de referencia pero, con maior ou menor demanda, en todas se acaban formando colas para dar saída ao prezado doce, ou ben para acompañar co almorzo ou como sobremesa da última gran comida de Nadal.

 

Gascón, no barrio de Recimil, é un dos establecementos con máis sona e xente tamén de fóra do municipio desprázase ata alí para obter un dos seus roscóns. As colas prolónganse pola rúa e poden durar horas, sobre todo para os que máis madrugan. Hoxe houbo quen agardou, con gusto, desde as 8.30 horas ata pasadas as 10.00 da mañá. É unha estampa que se repetiu en panaderías e establecementos de todas as comarcas.

Mañá de colas diante das confeitarías para facerse cos mellores roscóns de Reis

Te puede interesar