Máis de 800 estudantes participaron no festival A Mocidade coa Lingua

Máis de 800 estudantes participaron no festival A Mocidade coa Lingua
Imaxe dunha das actuacións deste xoves no festival I JORGE MEIS

Ante un entregado público, formado polos máis de 800 estudantes de doce centros da comarca que secundaron a cita, e con excelentes grupos sobre o escenario, desenvolveuse na mañá deste xoves no Auditorio de Ferrol o XXX festival A Mocidade coa Lingua, impulsado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra coa colaboración do Concello de Ferrol. 

 

Xunto á banda profesional Fillas de Cassandra, protagonizaron o cartel musical outras cinco formacións doutros tantos colexios e institutos da zona: Cuarto Cable (CPI A Xunqueira), A Banda da Ponte (IES Carvalho Calero), Bandoviño (CPI Atios), Arredemo (IES de Fene) e Boa Pregunta (CPR Tirso de Molina de Ferrol), que amosaron así o seu compromiso coa música en galego.

 

Mocidade coa lingua pu00fablico
Alumnos e alumnas de doce centros da comarca asistirion como espectadores ao festival

 

Cada unha das formacións de estudantes interpretou dúas pezas compostas exclusivamente para esta cita musical, con tres décadas de vida, que ten entre os seus obxectivos “sensibilizar á mocidade na importancia de manter a nosa lingua como vehículo de expresión cultural” e dar a coñecer entre a mocidade "aqueles grupos e persoas que están a desenvolver a súa actividade cultural tendo como referencia a nosa lingua", salientan desde a organización.

Máis de 800 estudantes participaron no festival A Mocidade coa Lingua

Te puede interesar