Leandro Lamas ilustra un mapa de seres máxicos que homenaxea o primeiro plano do reino de Galicia

O Festival Atlántica vén de facer realidade un traballo conxunto do ilustrador da comarca co xornalista Manuel Gago
Leandro Lamas ilustra un mapa de seres máxicos que homenaxea o primeiro plano do reino de Galicia
Un fragmento do mapa elaborado por Leandro Lamas a partir dos contidos de Manuel Gago | CEDIDA

O Festival Atlántica vén de facer realidade un traballo conxunto do ilustrador da comarca Leandro Lamas e o xornalista Manuel Gago: “Mapa de seres máxicos do Reino de Galicia”. Esta creación, que recolle un total de 34 personaxes fantásticos, poderase adquirir presencialmente nas funcións do evento na sede compostelá e tamén a traves da páxina web.


Alarbios, urcos, maruxainas, lobishomes, xigantes, xacias ou trasnos son algúns dos exemplos que se poderán atopar espallados polo territorio galego, que se representa en forma de homenaxe ao primeiro mapa do reino de Galicia, elaborado por Hernando de Oxea a principios do século XVII.


Para achegarse ás figuras protagonistas, o exemplar vai acompañado dun folleto que explica a historia de cada unha delas, en ocasións asociadas a localidades ou comarcas concretas, mentres que noutros casos se identifican co acervo popular galego, en xeral. Así, recupéranse personaxes que hoxe só se coñecen grazas á documentación da Idade Moderna e do século XIX. 

Leandro Lamas ilustra un mapa de seres máxicos que homenaxea o primeiro plano do reino de Galicia

Te puede interesar