Javier Cervera recibe o premio “Foto do Ano” de Galicia en Foco

Javier Cervera recibe o premio “Foto do Ano” de Galicia en Foco
O Ateneo acolleu a entrega do premio e a inauguración da mostra | d.a.

O Club de Prensa de Ferrol fixo entrega onte, no Ateneo Ferrolán, do premio “Foto do Ano de Galicia en Foco” a Javier Cervera. El foi o autor da imaxe “Bágoas das que non apagan lumes”, elixida polo xurado dun certame que, por vez primeira, tivo dotación económica –1.000 euros–. 
Cervera tomou a instantánea o 15 de outubro de 2017 nas Neves (Pontevedra) e foi publicada o 31 de decembro do mesmo ano no Diario de Pontevedra. Reflicte a desolación dunha anciá ante a perda causado por un incendio na súa casa.
Mención especial
Así mesmo, o xurado acordou conceder unha mención especial á serie “Rapa das bestas” de Javier Arcenillas, publicada con “Magazine Papel-El Mundo”, o 5 de xullo do pasado ano.
O xurado estivo composto por Anna Turbau, Pepe Tejero e Julia Díaz Sixto, actuando como secretario Miguel García Corral.  Da imaxe premiada, á que se referiron como “Madonna da desolación”, salientaron que é unha toma “desas que só podes facer unha vez na vida”, subliñando ademais “a súa achega complementaria e enriquecedora da peza narrativa”. Co acto celebrado onte quedou inaugurada a exposición do certame, que poderá ser visitada na entidade cultural ferrolá ata o vindeiro 15 de xaneiro para iniciar a continuación o seu percorrido por outros lugares de Galicia, tal e como informaron desde o Club de Prensa. l

Javier Cervera recibe o premio “Foto do Ano” de Galicia en Foco

Te puede interesar