O festival de ilusionismo Porta Máxica despídese logo dun novo éxito de convocatoria

O festival de ilusionismo Porta Máxica despídese logo dun novo éxito de convocatoria
Magos de gran peso internacional protagonizaron as funcións principais de onte no Jofre | jorge meis

A programación do Concello de Ferrol para Nadal trouxo tamén a chegada á cidade da cuarta edición do festival de ilusionismo de Ferrol “Porta Máxica”, que onte chegou ao seu fin no Teatro Jofre coa gala principal en dúas funcións, ás 18 e ás 20.30 horas. A cita, dirixida polo artista local Martín Varela coa colaboración do Colectivo Máxico Lorc & Julit non deixou indiferente ao público que se achegou ata o espazo escénico, que gozou das actuacións, presentadas polo propio Varela e protagonizadas polos ilusionistas Brando e Silvana, Mikael Szanyiel, David Sousa e Nuel Galán, que puxeron en escena números galardoados a nivel internacional.


Programa Nadal

Pese ao mal tempo reinante na xornada, as actividades da programación de Nadal non faltaron onte coa súa cita de cada día. Os máis pequenos da casa gozaron de propostas como un obradoiro sobre os Reis Magos con material de refugallo, outro de elaboración de cartas para as Maxestades de Oriente, un showcooking para aprender a facer roscóns ou o espectáculo familiar de Charo Pita e a Familia Papaventos, que encheron de maxia a carpa do Nadal e outros espazos como o mecado de Recimil, a onde se desprazou un paxe real.

O festival de ilusionismo Porta Máxica despídese logo dun novo éxito de convocatoria

Te puede interesar