sábado 21.09.2019

Ferrol Vello pecha hoxe as festas da Parrocheira con misa, música e degustación gastronómica

As festas da Parrocheira pecharán hoxe o telón no barrio de Ferrol Vello cunha xornada que dará comezo ás 12.30 horas cunha ruada matinal a cargo do grupo Os Xotas. Pola tarde, ás 18.00 horas

A xornada de onte incluíu unha regata e xogos acuáticos | daniel alexandre
A xornada de onte incluíu unha regata e xogos acuáticos | daniel alexandre

As festas da Parrocheira pecharán hoxe o telón no barrio de Ferrol Vello cunha xornada que dará comezo ás 12.30 horas cunha ruada matinal a cargo do grupo Os Xotas. Pola tarde, ás 18.00 horas, será a quenda para a actividade litúrxica, cunha misa solemne na honra da virxe da Parrocheira e procesión marítima a continuación. Tomará o relevo no programa de actividades o Real Coro Toxos e Froles, que a partir das 20.15 horas ofrecerá unha actuación na igrexa do barrio. Arredor das 20.30 horas celebrarase unha degustación gratuíta de caldeirada de parrochas,. encargándose o grupo Los Zares de poñer o colofón á cita cunha verbena fixada para as 21.30 horas.
Na xornada de onte, tivo lugar a regata de cruceiros I Trofeo “A Parrocheira”, unha sesión de xogos acuáticos, unha churrascada amenizada polo grupo Los Zentholos e a verbena final coa actuación do grupo ferrolán Nuevo Plan, ofrecendo algúns dos temas máis populares da época dourada do pop-rock español. l

Comentarios