Ferrol por Palestina continúa co programa cultural polo día da Nakba

Cuerda Floja e a Praza Vella son os seguintes e derradeiros escenarios da iniciativa
Ferrol por Palestina continúa co programa cultural polo día da Nakba
Unha das últimas concentracións en solidariedade con Palestina, na Praza de Armas | DANIEL ALEXANDRE

Esta semana inaugurouse “Acción poética pola liberdade de Palestina”, unha iniciativa que o luns se localizou na sede de Fiada, en Catabois. Neste espazo ofreceuse un obradoiro, unha proxección e un faladoiro, dando paso ao resto do programa que organiza Ferrol por Palestina con motivo do día da Nakba.

 

O termo identifica unha xornada de luto nacional con motivo da expulsión da poboación polo estado israelí. Hoxe mércores, de 19.00 a 20.00 horas, Cuerda Floja acollerá o encontro “Voces por Palestina”, que inclúe poesía e música, e mañá ás 19.30 na Praza Vella, terá lugar unha concentración e acción poética, que consistirá no tendido de roupas con versos por Palestina e anti-belicistas.

Ferrol por Palestina continúa co programa cultural polo día da Nakba

Te puede interesar