Jueves 21.03.2019

Ferrol celebra as Letras Galegas en Mandiá cun programa escénico

A Agrupación de Asociacións de Veciños da Zona Rural festexa mañá venres o Día das Letras Galegas, como o vén facendo nos últimos anos.

a irmá de roberto vidal bolaño, carmen, participou en actos con escolares de ferrol	j. meis
a irmá de roberto vidal bolaño, carmen, participou en actos con escolares de ferrol j. meis

A Agrupación de Asociacións de Veciños da Zona Rural festexa mañá venres o Día das Letras Galegas, como o vén facendo nos últimos anos. Neste caso o protagonismo recae sobre Mandiá, onde se celebrarán os actos, a partir das cinco da tarde, no seu local social. O presidente da agrupación, José Lage, será o encargado de introducir o evento, que consistirá nunha semblanza do homenaxeado deste ano, Roberto Vidal Bolaño, a cargo dos nenos da parroquia ferrolá. Collerá o relevo o grupo teatral Fume, de Esmelle, que despois dará paso á coral Ecos de Chamorro. A festa pecharase coa intervención do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e coa interpretación do himno galego.
Desde a agrupación de asociacións da zona rural invitan a participar neste acto conmemorativo a tódolos veciños.
Os equipos de Normalización Lingüística e a Concellería de Educación están a traballar desde hai semanas nos colexios para festexar o Día das Letras Galegas. Así, celébranse os obradoiros OPS, que promocionan o coñecemento do portugués, o 29 de maio o Carvalho Calero acollerá unha sesión de “Espello Deportivo, reflexos da túa lingua”, que conta co impulso da Deputación e se centra no emprego do galego no deporte e por deportistas de éxito. Tamén inclúe a celebración do festival A Mocidade coa Lingua, o 21 de xuño.
No ámbito escénico, cara a finais de maio haberá actividade no Torrente e no Jofre. O día 26, na capela do centro cultural, ás seis da tarde, Baobab Teatro representará “Babs”, un espectáculo para bebés que transcorre nun pequeno planeta.
O 31 de maio, tamén no Torrente Ballester, ás seis da tarde, a cantante Uxía presenta “Rosalía pequeniña”, un libro-cedé con once cancións que lle poñen música ós poemas de Rosalía pensando nos máis pequenos.
Ese mesmo día, ás nove da noite, no teatro Jofre, Sarabela Teatro pon en escena “Rosalía, os cantares das musas”, un espectáculo no que renden homenaxe ó libro “Cantares gallegos”.

Comentarios