O consultorio de Ferrol Vello reabre tras máis de dous anos cerrado

O consultorio de Ferrol Vello reabre tras máis de dous anos cerrado
Plantilla do consultorio de familia, que volveu reabrir tralo peche pola pandemia e por obras | emilio cortizas

O consultorio Manuel Comellas, en Ferrol Vello, reanudou onte a súa actividade despois de máis de dous anos pechado. A irrupción do coronavirus en 2020 paralizou a actividade do centro e, segundo as explicacións do Sergas, as obras de adecuación á nova realidade sanitaria e as esixencias de persoal coa que se tivo que afrontar a emerxencia nas súas distintas fases fixeron que se mantivese todo este tempo cerrado. Isto provocou a reacción veciñal, que temía que esta decisión fose definitiva e se mobilizou para reclamar a apertura da consulta.

O presidente da asociación veciñal do barrio, Manuel Zapata, confirmaba onte que a apertura se realizou con normalidade e que os veciños “están encantados” porque así evitan os desprazamentos ata o Fontenla Maristany para pequenas consultas, trámites con medicamentos ou probas rutinarias. O peche do consultorio da Graña, hai uns anos, foi o que fixo desconfiar á veciñanza do que podería pasar co seu se non presionaban. Zapata mostrouse incluso sorprendido coa resposta ás dúas concentracións que se levaron adiante, unha en setembro e outra en xaneiro, despois de que a posibilidade de abrir se frustrara pola irrupción da variante ómicron. “Sorprendeume pero é que é un servizo esencial para os veciños”, explica.



O espazo actual modificouse, cun circuíto covid que inclúe unha sala de espera aparte para pacientes sospeitosos. Mantense o persoal, formado por médica de familia, enfermeira e administrativa e tamén se manteñen as dificultades para encontrar substitutos, de forma que o consultorio seguirá estando pechado dous meses ao ano, segundo avanza Manuel Zapata, por vacacións do personal ou para reforzar a plantilla doutros centros. 

O consultorio de Ferrol Vello reabre tras máis de dous anos cerrado

Te puede interesar