martes 26.05.2020

A comisión na defensa de Carvalho Calero 2017 divulga a figura do autor a través dunhas charlas

A comisión cidadá creada o pasado febreiro para solicitar que se lle adique o Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2017 ao profesor e escritor ferrolán Carvalho Calero, en colaboración co Concello de Ferrol, divulgará a figura do autor, desde as súas diferentes vertentes, a través dun ciclo de conferencias que dará comezo a vindeira semana para se prolongar ata o mes de maio.

O programa arrancará este martes coa intervención dunha das fillas do lingüísta ferrolán, Victoria Carballo Calero, catedrática de Historia da Arte e que reside en Ourense. A cita terá lugar ás 20.00 horas na galería Sargadelos.
O venres a actividade trasladarase á capela do Torrente Ballester, escenario no que será proxectado o documental realizado polo ferrolán Antón Rodríguez sobre o personaxe para o que a comisión solicita o recoñecemento da RAG logo de catro intentos sen resultado positivo. A proxección do audiovisual terá lugar a partir das 20.30 horas.
Xa no mes de maio, concretamente o día 5 –ás 19.30 horas no IES Concepción Arenal–, será o escritor Henrique Dacosta o encargado de achegar aos asistente o papel de Carvalho Calero como literato. 
Da acción política do autor ferrolán falará ao día seguinte, o venres 6, o historiador Bernardo Máiz, nunha charla prevista para as 19.30 horas na Fundaçom Artábria.

lingüísta
O día 24, no Ateneo, Aurora Marco e Xosé María Dobarro detallarán a faceta como docente e lingüísta do que foi o primeiro profesor de galego na universidade.
O ciclo pecharase o día 25, na mesma entidade cultural, coas intervencións de Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer para impartir a charla “Carvalho Calero e Manuel María en Lugo”. 

Comentarios