“A gaivota de Claudiniño, e o Gorrión da praza” é a obra que presentará nesta tarde de venres, ás 19.30 horas no auditorio do Museo de Historia Natural con entrada libre, o seu autor: o cedeirés Rafael López Loureiro, que xa dera a coñecer neste mesmo espazo un libro sobre a figura de Frei Martín Sarmiento como primeiro naturalista galego.
Nesta ocasión, trátase dun relato nacido da historia familiar propia, cuxos beneficios desta segunda edición destinaranse á delegación local da Sociedade Galega de Historia Natural, do mesmo xeito que os da primeira foron para a Asociación de Axuda á Infancia Oncolóxica de Galicia.