Case tres mil persoas gozaron este ano das obras da 44 Mostra de Teatro de Cariño

Case tres mil persoas gozaron este ano das obras da  44 Mostra de Teatro de Cariño
Nas imaxes, por esta orde, a peza “As que limpan” e “A nova historia ...” | m.t.c.

A 44 Mostra de Teatro Galego de Cariño xa ten as súas favoritas do público para esta edición do 2022, na que se recuperou a normalidade dos espectáculos, logo de dous anos de restriccións pola pandemia. Así, tal e como precisaron desde o consistorio cariñés, os que obtiveron máis votos por parte dos espectadores foron A Panadaría e a súa obra “As que limpan”, pensada para público adulto, e Teatro del Andamio con “A nova historia da cigarra e a formiga”, dirixida aos máis pequenos da casa.


Con respecto á peza “As que limpan”, está centrada nas empregadas da limpeza, vistas como persoas invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. Fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos.


A segunda posta en escena premiada está baseada na fábula de sempre, aquela da cigarra preguiceira e a formiga obreira contando o que ocorreu despois dunha noite de tormenta que fixo que todo cambiara, a vida da formiga, que vive na saída de emerxencia do seu formigueiro, e a da cigarra, que chega ao fermoso outeiro despois de vagar durante moito tempo.


Como é costume, os premios entregaranse ao comezo da Mostra do ano que vén, na que será a cuadraxésimo quinta edición desta cita senlleira e decana de Galicia no eido da escea teatral en lingua galega. 

 

Case tres mil persoas gozaron este ano das obras da
 

Case tres mil persoas gozaron este ano das obras da 44 Mostra de Teatro de Cariño

Te puede interesar