As vítimas do franquismo de Ferrolterra recibirán unha homenaxe no Jofre o día 28

As vítimas do franquismo de Ferrolterra recibirán unha homenaxe no Jofre o día 28
A Comisión Pro Memorial con concelleiros do BNG e de FeC I Cedida

A Comisión Pro Memorial ás Vítimas do Franquismo en Ferrolterra organiza un acto de homenaxe e de desagravio que se levará adiante no teatro Jofre na tarde do venres 28 de abril. No evento haberá música, intervencións de historiadores e de familiares de asasinados e tamén se proxectarán as súas fotos, nunha montaxe do documentalista Carlos A. Quirós, quen tamén é responsable da proxección de “Case un milleiro de nomes”.


O acto, que comezou a xestarse en outubro de 2021, representa, apuntan os organizadores, “un desagravio para quen foron executados por defender a legalidade, a democracia e a liberdade” e, tamén, “un resarcimento aos familiares que sufriron en soidade o oprobio de ser estigmatizados polo réxime fascista”. Supón unha homenaxe “ás vítimas da sublevación militar fascista e aos 40 anos de ditadura en Ferrolterra, Eume e Ortegal”.


A Comisión invita a asistir a toda a sociedade das comarcas e indica que as entradas, gratuítas, poranse a disposición da veciñanza a partir de mañá.


Tamén lembran que está pendente de colocarse o monumento a estas vítimas (obra do escultor Manuel Patinha) e critican o retraso burocrático de anos das dúas últimas corporacións.

As vítimas do franquismo de Ferrolterra recibirán unha homenaxe no Jofre o día 28

Te puede interesar