Abalde presenta a súa lista a reitor con María Jesús Movilla como opción para Ferrol

Abalde presenta a súa lista a reitor con María Jesús Movilla como opción para Ferrol
Diario de Ferrol-2019-11-21-009-89f991f6

O actual reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presentou onte na Facultade de Dereito o equipo co que concorre de novo ao posto. A candidatura de Nova Luce renova algún nome, e entre eles o da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, que ata o de agora ocupou Araceli Torres. Neste caso proponse como vicerreitora a María Jesús Movilla Fernández, profesora titular do departamento de Ciencias da Saúde vencellada á Facultade de Enfermería e Podoloxía.

O equipo complétase con Salvador Naya, Nancy Vázquez, Alberto Valderruten, Pilar Gacía, Domingo Calvo, María José Lombardía, Amparo Casares, Cristina López e Carlos Aymerich.

Na presentación, Abalde falou dunha “proposta programática renovada, coherente e realista, que parte da experiencia de goberno acumulada”. Baixo o título “Sumando ideas”, debullou os puntos principais para unha “universidade pública de calidade e galega”.

Abalde presenta a súa lista a reitor con María Jesús Movilla como opción para Ferrol

Te puede interesar