Varios puntos de Meirás e Loira iluminaranse con LEDs alimentados por paneis solares

Varios puntos de Meirás e Loira iluminaranse con LEDs alimentados por paneis solares
Trátase de zonas apartadas do tendido eléctrico municipal I Concello

O goberno valdoviñés vén de rematar a instalación de nova iluminación pública –de tipoloxía LED– alimentada con placas solares na estrada que une A Cubeta e a igrexa de Meirás, así como en diferentes puntos de Loira.


Dende o Concello indican que se trata de zonas de por si afastadas do tendido eléctrico, “o que dificultaba levar ata estes lugares o alumeado público”. Ditas lámpadas contan dun sensor de luz crepuscular que, en función da luz ambiente, manterá apagada ou acesa a luminaria.

 

Vantaxes

Esta instalación suporá un triple beneficio. En primeiro lugar, permitirá ofrecer o servizo. Ademais, plantea unha solución respectuosa co medio con cero emisións de CO² e, por último, o seu custe diario terá nula incidencia na factura eléctrica, “xa que as lámpadas autoabastécense da luz que recollen polo día, sen ter que depender da rede eléctrica”, indican dende o executivo local.


Segundo explicou o concelleiro responsable da área de Servizos, Benito Vega, esta intervención vén completar outra de renovación de 23 luminarias de vapor de sodio por unhas de tecnoloxía LED en diferentes viais de Vilaboa. En conxunto, o Concello realizou un investimento que ascende aos 12.000 euros, financiados con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta. 

Varios puntos de Meirás e Loira iluminaranse con LEDs alimentados por paneis solares

Te puede interesar