Martes 20.11.2018

Valdoviño solicita a súa adhesión ao convenio de Xunta e Fegamp en contra dos incendios forestais

O rexedor valdoviñés, Alberto González, informa que o Concello local vén de presentar formalmente a súa ahesión ó conveni de colaboración suscrito enre a Xunta de Galicia, Fegamp e Seaga en materia de prevención de incendios forestais.

O Concello de Valdoviño foi pasto do lume en numerosas ocasións | jorge meis
O Concello de Valdoviño foi pasto do lume en numerosas ocasións | jorge meis

O rexedor valdoviñés, Alberto González, informa que o Concello local vén de presentar formalmente a súa ahesión ó conveni de colaboración suscrito enre a Xunta de Galicia, Fegamp e Seaga en materia de prevención de incendios forestais. Un convenio que permitirá a creación dun sistema público de xestión da biomasa nas denominadas faixas secundarias, é dicir, aquelas próximas ós núcleos de poboación. O acordo, apuntan desde o Concello, prevé un investimento por parte do Goberno autonómico de máis de 28 millóns de euros ata o ano 2021, en colaboración coa administración local, que cofinanciará as actuación previstas. 
O acordo fará posible a actuación, nun período de catro anos, en arredor de 16.000 hectáreas de faixas secundarias, con especial atención a aqueles concellos máis afectados polos lumes. 
Unha vez presentada a solicitude por parte de Valdoviño, a Xunta realizará a selección para adherirse ó sistema a partir dunha serie de criterios obxectivos de prioridade, relacionados co número de lumes rexistrados no seu territorio ou a existencia neles de parroquias de alta actividade incendiaria, entre outros.
De incorporarse ó sistema, os traballos previstos centraranse nos terreos abandonados e nos de particulares que se sumen a un contrato de xestión de biomasa coa entidade xestora do devandito sistema público. 
Os titulares de montes que se comprometan co sistema aboarán unha tarifa bonificada de 350 euros por hectárea para a xestión da biomasa nos seus terreos. Os propietarios beneficiaranse así das vantaxes do sistema, que inclúen a asunción por parte das administracións públicas dos maiores custes aos que poidan dar lugar estes traballos.
O acordo regula tamén a colaboración para a execución subsidiaria da xestión da biomasa en casos nos que os propietarios non cumpran coas súas obrigas legais. l

Comentarios