O Auditorio municipal de Narón coñeceu onte os recunchos máis agochados da gran mazá do teatro de Manhattan. “Un lugar chamado Broadway” inundou, grazas á potencia musical da peza, cada unha das butacas pero, máis aló das preconcepcións, esta obra ten unha singularidade única: non é de ninguén, máis é de todos.
Esta representación naceu dun proceso de creación que se xerou nas aulas, como explica a directora da Escola de Actrices e Actores, Celia González. “Cada un dos membros do Practicum –último curso dos catro que hai no centro– escolleu unha obra, un actor ou actriz, unha película ou unha canción”, expón, e de aí foi de onde xurdiu o traballo que puido desfrutar o público.
Como amosa González e a pesar de que as labores de todo un ano confluen nunha representación, existe un gran faena previa. Dende o primeiro dos niveis até o último, a escola presenta unha oferta académica que busca xerar “unha base forte, poñendo o foco na interpretación”, asegura, mais isto non é exclusivo, posto que “se complementa con materias como Teatro físico, Voz e dicción, Danza ou Posta en escea”.
Dalgunha forma, toda esta capacitación permite que a creatividade percorra o Padroado da Cultura primeiro, para despois, lucir nas táboas. Neste sentido, a directora valora a gran afluencia de público destas semanas que rondou as 80 personas en cada un dos pases. Tamén nos dos máis novos, que estaban “realmente nerviosos, pero teñen un traballo detrás que fala por si solo”.
No tocante a este sentimento, González é clara: “os nervios non se marchan e isto é bo. Deben estar aí porque dalgunha forma esto significa que sigues tendo esa paixón, que queres que as cousas saian ben”. É máis, entre risas asegura que, en realidade, “son parte deste oficio”.
Un pedazo moi importante dentro desta academia é o papel do alumnado –que na actualidade oscila entre os 16 e os 80 anos– e que toma parte na creación das diferentes propostas que se poñen enriba do escenario.
A obra con inspiración ianqui no foi a única en xurdir da improvisación. Os maiores estaban a buscar inspiración no mesmo momento no que os estudantes de segundo e terceiro investigaban sobre a obra de Shakespeare e o propio autor. “Poñemos en valor os clásicos”, explica González, namentres buscan que cada un dos participantes atope una motivación personal que os identifique.
E quizais a famosa “maxia do teatro” esté nese preciso detalle, en atopar algo que faga sentir a un patio de butacas e, ao mesmo tempo, tamén a quen o pon en escea. Por agora, e cun bo sabor de boca, a Escola de Actrices e Actores de Narón baixa o pano doutro ciclo, pero coa ollada posta no traballo do ano que vén.