Solicitan colaboración cidadá para obter datos sobre posibles vítimas da foxa común do Val, en Narón

Solicitan colaboración cidadá para obter datos sobre posibles vítimas da foxa común do Val, en Narón
Na imaxe os traballos co xeorradar para procurar restos | D.A.(AEC)

A Universidade de Compostela, a Secretaría de Estado de Memoria Democrática, a Xunta de Galicia (Imelga), xunto co antropólogo forense Fernando Serrulla, en colaboración da Asociación Memoria Histórica Democrática, iniciaron a procura, a través do equipo da Historia Agraria Política do Mundo Rural (Histagra) das foxas comúns nas que botaron a 51 persoas asasinadas logo da sublevación militar de 1936.


O pasado outubro iniciáronse os traballos coa sondaxe do xeorradar no cemiterio de O Val, en Narón. Así as cousas, e ante a previsión dunha posible exhumación, solicítase agora a colaboración de cantas persoas podan aportar datos, especialmente das familias afectadas, cuestión que se pode formalizar a través do correo electrónico da entidade: memoriahistoricademocratica@gmail.com.


Como ben se lembrará, no cemiterio valexo, o 26 de decembro de 1936, cúmprense hoxe 86 anos, foron fusilados 32 membros da dotación do acorazado “España”, así como outros dous do “Contramaestre Casado”. Así mesmo, o 30 de novembro dese ano foron asasinados dez tripulantes do vapor “Dómine”, e, en distintas datas, outras sete persoas máis, que se pretende localizar agora no cemiterio naronés. 

Solicitan colaboración cidadá para obter datos sobre posibles vítimas da foxa común do Val, en Narón

Te puede interesar