Os Reis Magos de Oriente visitan a feira e o belén vivente da Barqueira

Os Reis Magos de Oriente visitan a feira e o belén vivente da Barqueira
O belén vivente e a visita dos Reis Magos é un dos grandes atractivos da feira da Barqueira do día 6 I Jorge Meis

A Barqueira, en Cerdido, é o centro da celebración de Nadal do día 6, cunha feira de gran sona na que se pode ver o belén vivente e na que, ademais, reciben a visita dos Reis Magos, que tamén asisten á misa que se celebra no lugar. As Súas Maxestades pasaron a espléndida mañá no recinto para asombro dos máis pequenos, que aínda tiveron ocasión de recibir algún presente inesperado.

 

O belén é outra gran atracción da feira do día 6, cunha representación ao vivo da estampa do nacemento de Xesús e con pastores e animais que recrean como en ningún outro lugar a adoración ao neno recén nacido dos Reis e das xentes da contorna.

 

A celebración ten continuidade pola tarde, cunha festa infantil no pavillón municipal con inchables e na que tamén fan acto de presenza Melchor, Gaspar e Baltasar.

Visita dos Reis Magos á Feira da Barqueira na mañá do día 6 de xaneiro
Visita dos Reis Magos á Feira da Barqueira na mañá do día 6 de xaneiro

 

Os Reis Magos de Oriente visitan a feira e o belén vivente da Barqueira

Te puede interesar