O PSOE coruñés abre expediente aos exedís de Narón David Pita, Catalina García e Santiago Galego

O PSOE coruñés abre expediente aos exedís de Narón David Pita, Catalina García e Santiago Galego
Catalina GArcía y David Pita, dous dos expedientados | AEC

O Partido Socialista da Coruña ven de abrir expediente disciplinario a sete militantes da formación en Narón, entre eles os que foran edís do goberno municipal naronés entre o 2029 e 2023, David Pita, Catalina García e Santiago Galego, segundo informan desde Europa Pres.


Segundo confirmaron a esta axencia desde o PSOE os afectados recibiron na xornada do xoves o expediente, que se ten aberto en base ao regulamento da estrutura provincial e federal do partido ao considerar que, “incurriron en ofensas a compañeiros e non colaboraron coa xestora”.


O partido ten designado a unha persoa para instruir o expediente e agora os afectados teñen cinco días para presentar as alegacións que estimen oportunas, logo das que se procederá a unha resolución.
Algúns dos expedientados confirmaron a Europa Press que as accións polas que se lles acusa “non son certas” e, en ningún caso, se tentou “boicotear as eleccións municipais”, como polo visto se lles acusa.


Segundo as mesmas fontes, algún dos afectados ten posto o caso en mans dos servizos xurídicos. Asimesmo, consideran que o expediente non é máis que “unha criba, toda vez que son afíns ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.


Como ben se lembrará, en Narón a dirección do partido designou a Jorge Ulla como candidato, un feito que propiciou discrepancias na agrupación xa que para o posto xa se postulara o que fora concelleiro de Promoción Económica, David Pita, un dos expedientados pola cúpula do partido que dirixe Valentín González. 


Pita fora candidato en 2019, cando o grupo obtivo tres concelleiros, namentres que nas Municipais de maio o PSOE acadou tan só dous edís. 

O PSOE coruñés abre expediente aos exedís de Narón David Pita, Catalina García e Santiago Galego

Te puede interesar