O PP de Narón califica de "deficiente" a senda entre Xuvia e Freixeiro

O PP de Narón califica de "deficiente" a senda entre Xuvia e Freixeiro
Dous ciclistas transitan pola senda entre Xuvia e Freixeiro I Cedida

O candidato á Alcaldía polo Partido Popular (PP) en Narón, Germán Castrillón, cargou onte contra o goberno municipal e contra a alcaldesa, Marián Ferreiro, por “haber apoyado su balance de mandato en lo que considera obras estrella”. Entre elas atópase a senda peatonal e ciclista que conecta Xuvia e Freixeiro, unha actuación que para o popular está “mal planteada, inacabada y con deficiencias”.

 

“Ni tan siquiera llega al paseo de Xuvia. Acaba en el tanque de tormentas de las Aceñas y desde allí hasta el paseo marítimo faltan unos 370 metros de senda, pues la misma carece de alumbrado público en esta parte, con lo cual los vecinos que quieran aprovechar para pasear en horario nocturno cuando venga el buen tiempo deberán ir acompañados de una linterna para no tropezar y darse de bruces en el camino”, lamenta.

 

Castrillón fai fincapé, ademais, na falla de servizos públicos no entorno do tanque de tormentas e incide en que deberían diferenciarse as zonas para ciclistas e peóns. “De lo contrario, quién tiene la preferencia en caso de tener que ceder el paso, ¿el ciclista o el peatón? Suena a chiste si no fuera una realidad que ya ha dado los primeros sustos”, sostén o popular.


 

Supervisión

Ao paso das críticas dos populares saíu o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, incidindo en que o proxecto da senda contou coa supervisión de varias administracións. “É unha actuación que non está concibida como un espazo público urbanizado, senón como unha infraestrutura verde e baseada neses principios”, explicou.

 

O responsable municipal engade que o trazado e o proxecto executado “contan coa supervisión e autorización de moitos organismos supramunicipais, como Augas de Galicia, Patrimonio, Demarcación de Costas, ou a Asociación do Camiño Inglés”. Mauriz indicou, tamén, que “haberá actuacións complementarias que se irán levando a cabo, completando o desenvolvemento doutras áreas e tamén a inclusión de servizos públicos”. 


 

O PP de Narón califica de "deficiente" a senda entre Xuvia e Freixeiro

Te puede interesar