Música, deporte e tradición xúntanse na semana grande de Pontedeume

Música, deporte e tradición xúntanse na semana grande de Pontedeume
A tradicional cucaña terá lugar mañá venres a unha do mediodía | AEC

Dende hai semanas, o Concello de Pontedeume vén a destacar a grande variedade de propostas coas que veciños e visitantes da vila poderán desfrutar na presente edición da Festa das Peras; unha afirmación que, co programa nas mans, é evidente que non é unha esaxeración.


Mañá mesmo, día do pregón, os eumeses poderán gozar de propostas deportivas –o comezo do torneo de pesca infantil ás 11.30 horas e un partido de fútbol sala ás 20.30 no pavillón–; culturais, coa saída dos Mómaros ás 12.00 horas, a tradicional ofrenda floral ás 19.00 na igrexa das virtudes; ou o pregón de James Rhodes ás 20.30; e musicais, cos concertos da banda Charamela (20.00) na praza Real, da banda de gaitas de Ortigueira (21.00) na Alameda ou o festival de Rock (22.00) na praza do Conde.


O venres, trala alborada das nove, terán lugar a segunda saída dos Mómaros, unha misa solemne e a tradicional cucaña (as 10.00, 11.30 e 13.00 horas, respectivamente). Xa pola tarde, a praza da Calzada acollerá a obra de teatro “Vaia idiotas” (20.00 horas); a Alameda o concerto de Bluesons (21.20); e, na praza do Conde, o Festival Folk as 22.30.


A fin de semana comezará con forza co Concurso de Froitas na praza Real desde as dez da mañá, ao que seguirán unha exhibición de maquetas no paseo marítimo (11.00), unha degustación na Alameda (12.00) e un pasarrúas desde a unha. Pola tarde, desde as seis haberá unha sesión de fútbol no campo da Gándara (18.00), o Recital Poético nos xardíns da Casa da Cultura (19.30), e o Festival Encontro Migrante e o concerto da Orquesta Claxxon, nas prazas da Calzada e do Conde ás 20.00 e 22.30, respectivamente.


O domingo a festa non decae, cunha nova saída dos Mómaros e a Procesión de San Nicolás e bendición dos bolos (ás 11.00 e 12.00 horas), ademáis da segunda xornada do Festival Encontro Migrante (20.00 horas). Así mesmo, tralos tradicionais concertos nos balcóns, a Orquesta Marbella celebrará un concerto na praza do Conde ás 11.00, que será interrumpido á medianoite polos fogos de artificio e o combate naval.


O luns, último día da festa, terá lugar a xa clásica baixada do Eume pola mañá, retomandose as celebracións pola tarde coa actuación, ás 16.30 horas la Xunqueira de Arriba, de Ángel Maracaibo. A partir das sete, a Alameda será o escenario do concerto “De Cine” da formación Brigantia. Finalmente, como broche de ouro para esta Festa das Peras, a recoñecidísima orquesta París de Noia ofrecerá o seu repertorio ás 22.30 horas na praza do Conde.

Música, deporte e tradición xúntanse na semana grande de Pontedeume

Te puede interesar