A Feira Rural de San Sadurniño consolídase como referencia do sector primario e a sustentabilidade

A Feira Rural de San Sadurniño consolídase como referencia do sector primario e a sustentabilidade

A Feira Rural de San Sadurniño é, logo de dez años celebrándose, un verdadeiro referente para a promoción do medio rural como un medio vivo e con futuro, como lembran desde o Concello local. O vindeiro sábado 25 terá lugar nas inmediacións do paseo fluvial do río Xubia a nova edición desta felsta de exaltación que mantén a estruturo doutros anos combinando o espazo do mercado, a zona de exposicións de froita e venda de alimentación e unha chea de propostas paralelas para todas as idades que buscan amosar as oportunidades que desenvolvemento que están vencelladas ao agro e o medio ambiente.
As actividades dará comezo pasadas ás dez da mañá e, nesta ocasión, contará coa presenza de experiencias doutros lugares do Estado centradas na activación do rural opr medio dunha producción alimentaria de calidade. Así as cousas, serán catro as entidades que traerán a San Sadurniño unha exposición do traballo que fan e tamén dos seus produtos. Así, estará na feira a Asociación “El Prao de Luyas”, de Valladolid, que ten entre os seus obxectivos desenvolver unha agricultura alternativa que respecte a biodiversidade. No mesmo camiño avanza a asociación “Máisdetres”, que agrupa a pequenos produtores do Barbanza, Sar e A Maía, que atenden mercados de proximidade coa súa mercadoría fresca e elaborada, ademais de recuperar variedades tradicionais. De Aragón amosarán a súa experiencia os membros de “La Huerta del lugar”, radicada na localidade de La Almunia de Doña Godina, que ten a súa liña de negocio na recuperación de sabores e saberes na produción de froita e verdura. O cuarto convidado á Feira Rural é o “Club Sierense de amigos de la manzana de Asturias”, especializado na preservación de variedades de mazá autóctonas e na procura de novas vías de transformación, aínda que a principal sexa o aproveitamento sidreiro.
Ao marxe disto, a feira albergará moito máis como o mercado, aberto desde primeira hora da mañá con produtos frescos, alimentos transformados, viveiros de planta e flor, artesanía e artigos de segunda man, e que estará distribuído polo arboreto de especies autóctonas da Cortiña. Na carpa principal poderán atoparse alimentos de calidade e tamén a froita que se presente ao concurso organizado polo Concello e a AGFA do Eume. As bases poden descargarse na web do Concello e os lotes a concurso deberán inscribirse o mesmo día, a primeira hora da mañá.
O prazo de solicitude de participación na feira para os postos do mercado está aberto até mañá mércores presentando cuberta a correspondente folla no Rexistro do Concello, na Casa da Cultura, por correo postal ou por correo electrónico dirixido a agustin.perez@sansadurnino.gal. l

A Feira Rural de San Sadurniño consolídase como referencia do sector primario e a sustentabilidade

Te puede interesar