Diego Calvo reivindica a relevancia para Galicia do sector forestal en Ortigueira

Diego Calvo reivindica a relevancia para Galicia do sector forestal en Ortigueira
O vicepresidente segundo e conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, na xornada de onte | cedida

A xornada denominada “Produtos derivados da celulosa”, organizada pola Asociación de Silvicultores Costa Norte, tivo lugar onte en Ortigueira. No encontro participou Diego Calvo, vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, quen incidiu na aposta da Xunta pola xestión sustentable e o aproveitamento do monte como “fonte de riqueza e emprego”.


Calvo xustificou a implicación do goberno autonómico neste eido a través de iniciativas como a Axenda de impulso da industria forestal, a estratexia pioneira de Dixitalización e Descarbonización e a inclusión dun proxecto que podería aproveitar a vantaxe de Galicia no sector entre os presentados aos fondos Next Generation. Esta última idea materializaríase na primeira planta de fibras téxtiles de España, da que se encargaría a empresa Altri.


A proposta de Dixitalización e Descarbonización, conforme a intervención do vicepresidente segundo, contribúe á aceleración dos procesos produtivos, incide na simplificación administrativa, afonda no consumo dun material renovable con pegada de carbono negativa e axuda a acadar políticas de quilómetro cero.


“Con ela buscamos potenciar a modernización e a competitividade a través dos eixes da formación, da innovación, da cooperación e valorización, e da competitividade, o desenvolvemento e a diversificación do sector”, explicou Calvo en referencia á Axenda de impulso da Xunta.


Ademais, o vicepresidente segundo achegou unha serie de datos que avalarían a relevancia estratéxica do monte para a economía e o emprego. Neste sentido, Calvo afirmou que preto do 70% do territorio cosidérase forestal e un 50% da madeira que se corta a nivel estatal pocede dos montes galegos. Tamén apuntou que do sector viven de xeito directo ou indirecto até 80.000 familias. 

Diego Calvo reivindica a relevancia para Galicia do sector forestal en Ortigueira

Te puede interesar