Comezan as obras para transformar Santa Catalina nun centro de interpretación

Comezan as obras para transformar Santa Catalina nun centro de interpretación
Na imaxe observase o estado actual do mosteiro, que unha vez recuperado pasará a ser xestionado pola administración local aresana

O Concello de Ares informa do comezo dos traballos de acondicionamento do cabildo do mosteiro de Santa Catalina que se transformará nunha sala de interpretación.
Lembran desde o goberno local que estes traballos son froito das numerosas xestións realizadas polo rexedor municipal, Julio Iglesias, perante a Consellería de Cultura e que se materializara en agosto do ano pasado coa firma con convenio de colaboración e a cesión dos terreos e inmobles necesarios por parte do Concello. O proxecto permitirá poñer en valor este inmoble declarado Ben de Interese Cultural. Onte mesmo asinouse a acta de replanteo en presenza da concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos e a empresa adxudicataria dos traballos, que conta cun plazo de tres meses para finalizar os traballos.
A actuación dispón dun orzamento de 102.500 euros, que se suman aos 60.000 euros invertidos este verán nas reparacións urxentes feitas na fachada, tamén promovidas por Cultura.
Os primeiros traballos contemplados dentro do Plan Director do mosteiro, consistirán na recuperación de accesos propios da configuración orixinal do templo, traballos para frear o deterioro da carpintaría do retablo e labores encamiñadas a poñer fin aos problemas de humidades na cuberta do coro.
Así mesmo, crearase un espazo para a exposición de pezas escultóricas e arquitectónicas da construcción gótica e se actuará sobre as propias pezas que se instalarán nesa sala, que incluirá iluminación especial, como apuntan desde o Concello. Unha vez rematados os traballos o goberno local asumirá a xesión, mantemento e conservación do espazo. l

Comezan as obras para transformar Santa Catalina nun centro de interpretación

Te puede interesar