O Club do Mar de Mugardos estrea nova furgoneta grazas as axudas de Deputación

A inversión foi de 25.000 euros
O Club do Mar de Mugardos estrea nova furgoneta grazas as axudas de Deputación
Foto de familia durante a entrega do vehículo | CEDIDA

O Club do Mar de Mugardos recibiu unha nova furgoneta de nove prazas durante a visita do presidente de Deputación, Valentín González Formoso e do deputado de Deportes, Antonio Leira, co obxectivo de “facilitar os desprazamentos das rapazas e dos rapaces aos adestramentos e competicións nas que participan”, explicaban dende o organismo provincial. 


Neste sentido, a inversión foi de 25.000 euros e está enmarcada, como salientou González,  “no compromiso da Deputación co deporte de base e co apoio aos clubs da provincia, especialmente aqueles que promoven o deporte entre os máis novos”.


Ademais, durante o encontro o presidente quixo poñer en valor a importancia desta entidade deportiva, asegurando que “é unha referencia provincial no deporte de remo, que conta cun gran arraigo nas nosas vilas costeiras”.


Pola súa banda, a agrupación mugardesa, representada polo seu tesoureiro, Guillermo Pereira, asegurou que “para nós é un recoñecemento e un alivio porque sen medio de transportes non hai regatas”. Así mesmo, nesta xornada trasladouse ao organismo de González varias melloras que precisan as instalacións deportivas. 

O Club do Mar de Mugardos estrea nova furgoneta grazas as axudas de Deputación

Te puede interesar