O BNG de Narón denuncia a situación á que se enfrontan as traballadoras do SAF

O deputado Mon Fernández e parte do grupo municipal reuníronse coas representantes do comité de empresa
O BNG de Narón denuncia a situación á que se enfrontan as traballadoras do SAF
Un momento do encontro | CEDIDA

Durante esta xornada tivo lugar en Narón un encontro entre o deputado nacionalista Mon Fernández, acompañado da agrupación local, coa presidenta e varias representantes do SAF de Narón, que hai unhas semanas facían público un comunicado no que manifestaban as “precarias condicións” as que se enfrontan as traballadoras.

 

 


Falaban de “xornadas de 11 horas, saturación do servizo ou a insuficiencia temporal para realizar os percorridos dunha casa a outra”, explicaba a representante do comité, Mar Bustabad. Ante esta situación, dende o BNG recordan que neste municipio presentouse en 2022 “unha moción de apoio”, ao ano seguinte “unha comisión extraordinaria pola mala situación”, e no 2024 “a reincorporación dunha traballadora despedida e que o xulgado considerou improcedente”. A pesar disto, no presente exercicio, a agrupación “segue con preocupación a situación que denuncian tanto usuarias como persoas traballadoras”.


Neste sentido, Fernández incidiu en que as condicións concretas de Narón son “graves por como se está a levar un servizo público cara a privatización e empeorando cada vez máis as condicións. No BNG loitaremos porque isto mude”, remarcado que, a nivel autonómico, “o modelo de financiamento e xestión do SAF en Galiza está a piques de estoupar porque a Xunta segue sen incrementar o orzamento, que é tan necesario para manter un servizo de calidade”.


Pola súa banda, a voceira municipal, Olaia Ledo, poñía o foco na calidade, asegurando que nesta localidade esta prestación “deixa moita xente fóra e ás traballadoras cubrindo moitas horas que non aparecen nos seus contratos”, cuestión que xa denunciaban as afectadas, asegurando que “o Concello ten que velar porque as empregadas, que fan un servizo fundamental, estean en condición dignas, aportando benestar tanto para elas como para persoas usuarias do servizo”. 

O BNG de Narón denuncia a situación á que se enfrontan as traballadoras do SAF

Te puede interesar