O académico ferrolán Lourenzo

O académico ferrolán Lourenzo

TEN que ser algo realmente especial o que pase para que a Real Academia Galega saia da súa sede para viaxar alén da ría da Coruña. Onte sucedeu que o ingreso na prestixiada institución do ferrolán –non de nacemento, mais si de “pacemento”– Lourenzo Fernández Prieto tiña que ser en Ferrol  por dereito. E foi. Escoitalo falar de historia, memoria e política no contexto da Transición aforra calquera dúbida ao respecto do seu mérito para ocupar cadeira na RAG. Pero por se alguén aínda teima, vaian as verbas de Ramón Villares gabando o compromiso de Fernández Prieto coa cultura e a lingua galegas. 

O académico ferrolán Lourenzo

Te puede interesar