ULTRAACTIVIDADE

Están os avogados de empresa dándolle voltas á sentenza do Tribunal Supremo sobre a ultraactividade, da que recentemente vense a coñecer a súa argumentación e votos particulares. Os seus clientes están molestos porque a súa libre disposición –das relacións laborais– queda acoutada a uns mínimos.
É certo que os convenios colectivos caducan un ano despois de finalizar a súa vixencia, pero as condicións de traballo previstas mantense como condicións contractuais, dándolle aos traballadores unha cobertura básica en materia de salarios, condicións de traballo, quendas, mobilidade funcional e horarios.
A modificación das mesmas obriga ás empresas iniciar un novo período de negociación coa representación sindical, ao abeiro do artigo 41 do Estatuto dos Traballadores. Previsiblemente, esta acabe en vía xudicial ante a falta de acordo entre as partes.

ULTRAACTIVIDADE

Te puede interesar