EMPRESAS

Antonte a dereita económica facía un último intento de salvar as políticas de Mariano Rajoy e do PP, a través da declaración da Cámara de Comercio de España que representa a unhas tres millóns de empresas. Pedían polo “ben común” un gran acordo  a tres para que nada mude. Non escapa que o fagan o día antes de presentarse o acordo do PSOE con Albert Rivera, e á espera de máis acordos coas forzas de esquerdas.
Este primeiro acordo de Sánchez lévase por diante a reforma laboral do PP, anula o delito de coacción nas folgas, trae un plan da inspección de traballo contra a explotación e a precariedade laboral e un novo Estatuto dos Traballadores. Tampoco hai que esquecer o plan anti corrupción na política, e polo tanto, tamén nas empresas. Como se ve aquí ninguén fala inocentemente. Falta ver o que sume a negociación do PSOE coas “Mareas” e un Podemos atrapado no labirinto de Pablo Manuel.
 

EMPRESAS

Te puede interesar