CHURRUCA

Estes días, algúns centos de cidadás e cidadáns estamos participando no foro “Ferrol decide”, que as concellerías de Urbanismo e Participación abriron para a futura remodelación da Praza de Armas. Todo proxecto en Ferrol necesita contar coa súa veciñanza, ou cando menos que a xente saiba que son escoitados e tidos en conta. A cidade é comunidade, por iso non vale confundirse e crer que é unha empresa onde os demais somos simples usuarios dun servizo.
É obvio que saber a opinión cidadá sobre a remodelación da Praza de Armas importa, máis despois de tanta desfeita pasada. Non se poden repetir fiascos como o da Praza de España. Algúns quixéramos recuperar ese espazo en Armas para o encontro da cidadanía e a cultura, así mesmo creo que é de dereito que o Obelisco de Churruca volva a presidir o centro da cidade, apartado porque era unha denuncia permanente contra o feísmo e a especulación.
 

CHURRUCA

Te puede interesar