O prazo para votar en liña ao concurso Runas de Ortigueira xa está aberto ao público xeral

O prazo para votar en liña ao concurso Runas de Ortigueira xa está aberto ao público xeral
Collage de los grupos del Concurso Runas 2024

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia aos 10 grupos semifinalistas do certame que promove grupos noveis e posibilita a actuación dos gañadores no evento, que este ano se celebra do 11 ao 14 de xullo.


Nesta edición do Concurso Runas, o órgano encargado da avaliación recibiu 32 propostas de grupos procedentes de países de todo o mundo. Entre as 10 elexidas, as únicas galegas son Alana e The Westering Sun. As opcións restantes son Anam Keltoi, de Argentina; Buíoch, de Irlanda; Distillery Folk, de Valencia; DIú, de Escocia; Esling, de Bretaña; Gorrondatxe, de Euskadi; Manta D’Ourelos, de Portugal e Picaros, de Asturias.


Para a preselección, o Comité Organizador tivo en conta aspectos como a calidade, a innovación e a orixinalidade.


Nesta segunda fase do concurso pode votar calquera que o desexe, dende onte até o martes 21 deste mes, ás 14.00 horas, en  festivaldeortigueira.com/runas. Este enlace serve tanto para escoller aos favoritos como para escoitar as súas candidaturas.


O obxectivo do Runas, que se celebra dende o ano 2000, é a difusión da cultura e a música Celta, primando sempre as composicións propias

O prazo para votar en liña ao concurso Runas de Ortigueira xa está aberto ao público xeral

Te puede interesar