O Samaín de Cedeira segue a alumear a noite tras vintecinco anos de historia

O Samaín de Cedeira segue a alumear a noite tras vintecinco anos de historia
Diario de Ferrol-2014-11-02-015-6c942c47

Cedeira celebrou onte o seu XXV Samaín. Centos de persoas gozaron das actividades que se propuxeron durante toda a tarde antes do desfile de tebras polas rúas do casco histórico, que rematou coa queima dunha cabaza na ría. Esta edición especial contou con iniciativas durante toda a semana (como a presentación dun texto teatral de Fusa Guillén ou o obradoiro de elaboración de cómic) que tiveron como punto culminante a celebración de onte, cun guión semellante ó  doutros anos pero co sabor especial de chegar ó cuarto de século. Cedeira converteu a tradición de colocar candeas nos melóns e deixalos nos camiños nunha festa actualizada que consegue manter un espírito autóctono e de reivindicación do propio ó lado de outros costumes que tamén se instalaron entre nós, e que non por iso desprazan.
Desta positiva mistura saen os obradoiros de cabazas pero tamén os de maquillaxe de medo, a gincana con “casa do medo” incluída e tamén os inchables dos que tanto gostan os rapaces. Vampiros, zombies, homes-lobo e todo tipo de monstros da cultura popular e pop merendaron con bola de azucre e requeixo con mel para despois seguir coa troula.

O Samaín de Cedeira segue a alumear a noite tras vintecinco anos de historia

Te puede interesar