Alumnos del Montojo y del Terra de Trasancos acudirán al Rally Matemático

Alumnos del Montojo y del Terra de Trasancos acudirán al Rally Matemático
equipo do montojo clasificado na categoría de 1º de eso

Os IES Saturnino Montojo de Ferrol e o Terra de Trasancos de Narón estarán presentes o vindeiro mes de abril na fase final da primeira edición do Rally Galego Sen Fronteiras de Ciencias (Matemáticas, Ciencias da Natureza , Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía) convocado por Igaciencia  (Institución Galega de Ciencia). Ámbolos dous centros conseguiron clasificar un equipo –todos tiñan que estar integrados por oito rapaces logo da fase clasificatoria celebrada no propio instituto.
No caso do Saturnino Montojo, lograron o pase á final autonómica o grupo de alumnos de 1º de ESO integrado por Rocío Carpintero, Ainhoa García, Antón Lobeiras, Lucía Rico, María Costoya, Javier Couselo, Sara Pico e Lucía Cancelo. A profesora destes é Julia Méndez Álvarez.
Entre os finalistas da categoría de 4º de ESO figura o equipo do instituto naronés, formado polos seguintes alumnos: Daniel Martínez, Adrián Pérez, Beatriz Martínez, Laura Fuentes, David Teijeiro, Adriana Rodríguez, Pablo García y Javier Aranton. A profesora é Consuelo Castro.

santiago
Todos eles acudirán o vindeiro 11 de abril a Santiago para dirimir a proba que permitirá aos gañadores acudir á derradeira fase, xa internacional, que terá lugar entre o 16 (para a competición de Matemáticas) e o 17 (no caso da de Ciencias) na cidade francesa de Toulouse, e á que tamén terán que ir acompañados polas súas respectivas profesoras.
Ademais de facer fronte ás probas, os que consigan acceder á cita gala terán oportunidade de facer un percorrido polas principais atraccións do lugar, como a Cité das Sciences ou o Carcasonne, entre outras.
Sen dúbida, unha atractiva experiencia para os 40 alumnos galegos que, entre as cinco categorías (1º, 3º e 4º de ESO no de Matemáticas e 2º e 4º da ESO na proba de Ciencias), poderán participar na viaxe unha vez acaden a victoria autonómica.

obxectivos
Tal e como se salientou desde a propia institución organizadora, os obxectivos do rally pasan por promover a ciencia e as matemáticas entre os estudantes; demostrar que os temas destas materias non están reservados para as élites, senón que poden ser atractivos e accesibles para todos os alumnos; favorecer o traballo en equipo, colaborativo; e “vivir a Ciencia valorando imaxinación, dinamismo e creatividade”.
Do mesmo xeito, abre a posibilidade aos alumnos gañadores da fase autonómica de “abrir fronteiras” a través da súa participación nunha competición, a de Toulouse, na que se darán cita rapaces de diferentes países.

Alumnos del Montojo y del Terra de Trasancos acudirán al Rally Matemático

Te puede interesar