A IV Asemblea nacionalista 3 (LXVII)

A IV Asemblea nacionalista 3 (LXVII)
Convocatoria da IV Asemblea polo Directorio das IF

Dicía na entrega anterior que pola correspondencia que se coñece de Manuel Antonio podemos ter unha idea ben aproximada do ambiente que se respiraba entre a afiliación irmandiña nas semanas priveias á Asemblea de Monforte e recollía algún exemplo que hoxe toca completar.
Nunha carta posterior –data en “Janeiro MCMXXII”–, Cebreiro, ademais de darlle a coñecer a súa valoración do boletín: “Se recebes A Nosa Terra verás que é uma coisa lamentabel” –opinión que me semella exaxerada, xa que non aprecio tantss diferencias cos números anteriores– suministráballe algúns datos sobre a Asemblea:
“Esta terá de ser en Monforte, o 20 de este mes, e a ela irá o Castelao, Risco, Lousada, Ramón e Antón Villar Ponte, Abente, Cabanillas e Quintanilla, todos. Se tí vás vou eu tambem. Imos? A ti non che cadra lonxe”.
Na posdata engadía:
“Outra das cousas porque debes ir a Asambleia é porque D. Victor Casas (Adeministrador de ‘A Nosa Terra’, Segredario da 2.ª Asambleia Nazonalista, correspondente de ‘Terra Gallega’, dependente da Zapatería Angel Senra (300 pares diarios) e amigo de Lugrís Freire, alias ??? ten-che que falar non sei de qué asuntos”.
Os asuntos dos que fala Cebreiro ou faláronos por outro lado ou non debían ser moi urxentes, xa que Víctor Casas non acudiría á reunión monfortina, como tampouco fixeron nin López Abente nin Cabanillas.
Manoel-Antonio respondeulle desde Asados-Rianxo, en carta con data de 8 de febreiro, na que lle di sobre o desprazamento a Monforte:
“Vexo dificultoso o ir á Asambreia; de todos xeitos, como penso facer todo esforzo doado ó caso, agradecería-che que me dixeses si unha invitación firmada pol-o Direitorio que recebín abonda para ir á Asambreia ou si é preciso reclamar unha credencial a que fai alusión a invitación y-o Regramento”.
A resposta de Cebreiro desta volta foi rápida. En carta mataselada o día 14, infórmao:
“Preguntábas-me na tua derradeira o que facía falta para ir á Asambleia. Eu non sei se hei-ir Se teño cuartos vou. Creio que hai que lle pedir ao direitorio uma autorizazon. Mais como ahí non hai ‘Irmandades’ podes ir de todos xeitos”.
Finalmente, Manuel Antonio puido estar presente en Monforte, mentres que Álvaro Cebreiro non.
Por medio dun escrito a man, sen data e asinado polos catro membros que o compuñan, o “Direitorio” das Irmandades da Fala convocaba as diferentes agrupacións –posiblemente tamén os afiliados que residisen onde estas non existían, como se desprende da correspondencia de Manuel Antonio antedita– para que acudisen a Monforte nos días sinalados. No Arquivo Municipal de Betanzos, consérvase esta circular:
“Sr. Conselleiro 1º da Irmandade da Fala de Betanzos
Téndose acordado pol-o Directorio do Partido Nazonalista Galego e das Irmandades da Fala faguer a IV Asambleia oficial en Monforte nas datas 18, 19 e 20 do mes de Febreiro do ano corrente, con suxeicción ao regramento adxunto e para discutirmos o custionario que vai canda istas liñas, pregámoslle o comunique ao orgaísmo da sua presidencia pra que envíe delegado ou delegados â xuntanza dita, de verdadeiro intrés patrio, comprindo sin demora os requisitos a que se refire o regramento, e levando, a ser posibel un estudo dos asuntos siñalados no cusrionario.
Saúde e Terra ceibe!
O Direitorio”. Seguen as sinaturas.
Como se di nese escrito, achegábase con el o regulamento –reproducino na entrega anterior, tomado d’A Nosa Terra– onde se fixaba que todas as delegacións, á marxe de cal fose o seu número de afiliados, ían ter tres votos. Era a única forma que Risco atopara para poder facerse co control das Irmandades. Así llo explicaba a Losada Diéguez nunha carta que deu a coñecer Joaquim Ventura hai un tempo:
“Anque veñan do N. os que veñan, non poderán tomar parte nas deliberaciós e votacións de ningún xeito máis que o - mais - 3 da Cruña + 3 de Ferrol + 3 de Betanzos + 3 de Santiago = 12. E do sur podemos ser: 3 d’Ourense + 3 de Vigo + 3 de Bayona + 3 de Madrid + ti + Castelao = 14. Estamos en mayoría”.
Engadía que tamén Banet e os de Ferrol estarían con eles; que, ademais, “non sería difícil qu’os de Betanzos votasen comigo” e que “Cruña e Santiago son as incógnitas”.
Logo os asistentes serían diferentes e as contas non serían exactamente as mesmas, mais o deseño funcionou á perfección e o seu obxectivo de se converter en dirixente máximo único, no “xefe” logrouno con total comodidade. Logo viría o que viu, mais vaiamos paso a paso.
O diario ourensano La Zarpa, de 17 de febreiro, dedicáballe o seu editorial, “Mañana en Monforte / La gesta nacionalista”, á IV Asemblea:
“Desde mañana serán huéspedes de la vieja ciudad del valle de Lemus, lo mejor y más vibrante de nuestra tierra”. “Y sería un malvado el que habiendo nacido en esta Patria, no se rindiese lleno de admiración ante la gesta de esos heroicos precursores. Porque hay que destrozar violentamente las plumas o arrancar de cuajo las lenguas, para no asombrarse ante el hecho milagroso de que Galicia está siendo testigo. Todas las ciudades y un buen número de villas, acaban de despertar a la vida que está afianzando la personalidad de nuestra Patria, gracias al esfuerzo abnegado de estos cerebros esclarecidos”.
El estado mayor del nacionalismo gallego es el padrón de sus hombres más ilustres, de los únicos hombres ilustres. Poetas de altísimos vuelos, periodistas de fuste, dramaturgos insignes y novelistas brillantísimos, inflamados por la santidad del credo, luchan denodadamente por la independencia de su raza, pero la generosidad de sus audacias, huye lo mismo de la insolencia agria de los populacheros, que de las sinuosas parsimonias de los cobardes tradicionales. En el libro y en el periódico actúan constantemente, y lo hacen sin énfasis, para que lo humano de su labor rinda a los que vacilan en reconocer a su propia madre. Porque esa es la cuestión.
Y mañana y en días sucesivos, Monforte alojará en su seno a estos gallegos de primera fila”.
Por se este laudatorio editorial non abondase, esa propia primeira plana acolle o artigo “Momentos gallegos / Ante la Asamblea”, do colaborador do xornal e que, a maiores, ía ser asembleísta:
“Mañana se congregan en la ciudad del Cabe, en la sede de los Hirmandinos, los nacionalistas gallegos, para deliberar sobre temas de grandísima importancia”.
“Son los representantes verdaderos, los únicos representantes genuínos de la Tierra celta. Todos ellos son puros en el sentimiento galleguista. Todos ellos obedecen al imperativo categórico que manda redimir a Galicia del yugo que la esclaviza.
Paladines de una cruzada nobilísima, dispuestos a darlo todo en holocausto de la Tierra, esos mozos que hoy van camino de Monforte y que mañana empezarán los debates en torno a temas que son capitales para el presente porvenir de Galicia, han hipotecado, antes de calzarse las espuelas para emprender la lucha, la libertad y la vida. Nada por lo tanto, les arredra ni les contiene”.
“Mañana empieza en Monforte el Congreso de los bos e xenerosos, para debatir en torno a cuestiones que a todos los gallegos interesan sobremanera”.
“Si me es posible, asistiré a la que ha de ser sonada Asamblea”.
Non sei se na liña por el desexada, mais acertou de cheo, xa que a Asemblea acabou sendo máis que sonada.
Sabemos con precisión quen foron, finalmente, os irmandiños que acudiron á IV Asemblea pola copia autorizada da acta mecanoscrita que Vicente Risco enviou á Irmandade da Fala de Betanzos –conservada tamén no Arquivo Municipal desa localidade–, acompañando o oficio Núm. 4 do Conselleiro Supremo, con membrete da “Irmandade Nazonalista Galega / Xefatura Suprema” e que di así:
“Remítolles copia autorizada das Autas da IV Asambreia nazonalista tida na vila de Monforte, nas datas do 18, 19 e 20 do mes derradeiro.
En obedenza o que n’ela s’acordou esa Irmandade debera no plazo de 15 dias a contar dend’o recibo d’esta, mandal-a sua conformidade espresa a todos e cada un dos acordos da dita Asambreia, comunicando o tempo troque do nome d’esa Sociedade, entendendose que de non telo feito no plazo indicado, esa entidade ficara escluida da Irmandade Nazonalista Galega.
Debo tamén advertirlle a obriga que ten de mandar brevemente unha relacion dos nomes, profesiós e domicilios dos irmaus d’esa e cotizacios que paga cada un e nomes dos que forman o Consello direitivo.
Ourense, 7 do Marzal de 1922
Seu e da Causa
Vicente Risco (rubricado)”.
Dos nomes dos participantes falarei na próxima entrega. Só adianto que non coinciden cos aparecidos en La Zarpa, único xornal que coñezo que falou deles.

A IV Asemblea nacionalista 3 (LXVII)

Te puede interesar