O cine Adriano revive a través do obxectivo dos fotógrafos de Lumen

O cine Adriano revive a través do obxectivo dos fotógrafos de Lumen
Diario de Ferrol-2014-10-26-013-484b23f7

O cine Adriano, en Barallobre, é unha construción sen uso pero que de cando en vez revive pola atracción que suscitan as antigas salas de proxección. Se hai a penas un ano era a banda ferrolá The Last Fact a que utilizaba as instalacións para gravar un videoclip, agora é o colectivo fotográfico Lumen o que propón unha acción con este edificio da estrada da Palma como protagonista.
“Adriano, sesión continua” busca desenvolver un proxecto de creación visual a partir dun escenario arquitectónico abandonado, emblemático e, ó tempo, que mova á curiosidade. O plan é reunir unha vintena de fotógrafos que, logo dunha reunión conxunta, saquen as súas fotos no propio cine durante un máximo de tres días. O tema é libre. Despois haberá unha xuntanza para comentar as sesións e falar do traballo de cada un e seleccionar as imaxes para montar unha exposición que itinerará por varias cidades. Tamén haberá un taller de autoedición e encuadernación para que cada un faga o seu propio libro co proxecto e un catálogo conxunto.
As persoas interesadas en participar nesta proposta artística en torno á fotografía creativa poden enviar un esquema do proxecto (con ferramentas que podería precisar e tempo estimado) ó correo electrónico lumensajes@gmail.com. Teñen de prazo ata o 5 de novembro. Despois seleccionaranse os aceptados e farase unha visita ó cine para unha toma de contacto coas instalacións. A inscrición ten un coste de 60 euros para facer fronte ós gastos que xordan na elaboración do proxecto, así como para as sesións de posta en común e a elaboración do libro persoal, do catálogo colectivo e da exposición. De tódolos xeitos os organizadores están a buscar patrocinios para poder estender as edicións a máis dun exemplar e levar ademais a mostra fotográfica ó maior número posible de salas de exhibición. As bases da proposta, polo miúdo, poden consultarse na web forolumen.tumblr.com. n

O cine Adriano revive a través do obxectivo dos fotógrafos de Lumen

Te puede interesar