Indolencia

A comarca de Ferrolterra é unha zona fortemente castigada polo desemprego e a emigración, na que estase a producir un desastre demográfico, que segundo as expertas ten unha moi complicada resolución. Cada vez máis atopámonos as rúas de Ferrol baleiras de xente e cada vez máis os comercios están a botar o peche definitivo. Soamente no barrio de Ultramar un dos barrios mais poboados e con maior concentración de persoas, nas dúas rúas que vertebran dicho enclave, termos máis de unha ducia de baixos baleiros co cartel de- aluguer e se vende-, en cada unha delas. Máis isto por desgraza é extrapolable a toda a cidade e tamén aos concellos limítrofes.

Unha despoboación e un peche sistemático dos pequenos comercios, os cales estes últimos, cando rematen definitivamente os ERES, van a sufrir outro boom de cadeados nas portas, debido todo isto, a indolencia do estado español, que non ten ningún reparo en deixar esmorecer esta comarca, para beneficio de outras zonas da Espanha.

O exemplo máis claro de todo isto que estou a escribir, o termos desde fai máis de un ano nas traballadoras-os de Electrorayma, as cales levan mobilizándose desde entón, sen que Navantia principal responsábel do problema coa empresa, este a facer os deberes. Porque aínda que en principio parece que hai posibilidade de acordo, a lentitude e a indolencia repito de Madrid neste tema, é para sacar os cores, a calquera persoa de boa obra e acción.

Unha lentitude que está a facer que estas traballadoras-es leven sen cobrar varias pagas desde fai case un ano e moitas outras que deixaron a empresa por motivos de fin de faena, aínda a día de hoxe no cobraron os seus finiquitos, debido a que Navantia non quere pagar a empresa o que esta reclámalle.

Xa para rematar sería bo que cada unha de nós, ante está situación, onde á comarca de Ferrol estáselle a dar o seu finiquito particular, reaccionaramos esixindo aos nosos gobernantes, solucións verdadeiras para incentivar a economía produtiva, a economía que produce desenvolvemento e riqueza no conxunto da clase traballadora, no conxunto das nosas comarcas, en vez de favorecer aos novos multimillonarios que algún deles, xa presume de estar na lista dos maiores delincuentes do capitalismo, como é nas listas de ultra-ricos desa famosa revista yankee.

“O problema de fondo reside por unha parte na falta de carga de traballo produto do confinamento ao sector militar e por outra, na estratexia de Navantia que aproveita a situación, para incrementar a subcontratación a prezos cada vez máis reducidos, provocando despedimentos e o deterioro das condicións laborais das traballadoras e traballadores.”. Iván Rivas (BNG Ferrol)

Indolencia

Te puede interesar