O equipo da serie “Rapa” tomou onte San Sadurniño

O equipo da serie “Rapa” tomou onte San Sadurniño
Un momento da escena gravada diante da Casa da Cultura | césar galdo

O equipo de “Rapa”, a nova serie orixinal de Movistar+ e a produtora galega Portocabo, continúa o seu periplo pola comarca, zona na que se gravará integramente este proxecto audiovisual dirixido por Jorge Coira e protagonizado por Javier Cámara e Mónica López. Onte foi a quenda para San Sadurniño, municipio no que durante toda a xornada foron realizadas diferentes secuencias en tres localizacións diferentes: o salón de plenos do Concello –convertido na serie na consulta dun odontólogo–, a Casa da Cultura –convertida na Casa da Cultura de Cedeira, municipio central na trama– e o antigo cine Avenida, que é na actualidade o café bar DZINE.


A presenza do equipo de rodaxe obrigou a limitar o estacionamento en varios puntos da zona urbana. Aínda que a meirande parte das escenas foron tomadas en interiores, durante os descansos, os actores deixáronse ver polos arredores, aproveitando algún veciño e veciña a ocasión para se fotografiar con eles.

O equipo da serie “Rapa” tomou onte San Sadurniño

Te puede interesar