lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Bernardino Graña, Antón Pulido ou Nova Galega de Danza, entre os Premios da Cultura Galega

O programa "Dígocho eu", da TVG, levou o premio na categoría de Lingua/AEC

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2021 seleccionou a Bernardino Graña, Antón Pulido ou Nova Galega de Danza entre os galardoados neste certame que ten a fin de recoñecer a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural da comunidade.


O académico, poeta, narrador e articulista foi recoñecido na modalidade de 'Letras'. Docente ata xubilación, Graña colaborou con numerosas publicacións, faladoiros, prensa escrita, e impulsor do primeiro intento dun centro PEN Galicia con Eduardo Blanco Amor e Xosé Luís Méndez Ferrín, entre outros.


No campo das 'Artes Plásticas', o premio será para o pintor e gravador ourensán Antón Pulido, autor de mostras por todo o mundo (Xangai, Beijing, Seúl) e que desenvolveu posteriormente un papel como xestor cultural na dirección xeral de Cultura da Xunta a principios dos anos 90 e tamén foi o primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en 1994.


Así mesmo, recoñécese o papel de Nova Galega de Danza na sección de 'Artes Escénicas', entidade xurdida da man de Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz e da fusión da tradición folclórica de raíz galega coa danza contemporánea.


A pianista Natalia Lamas foi galardoada no ámbito da 'Música', pola súa traxectoria de prestixio internacional e actualmente presidenta da asociación de Amigos da Ópera da Coruña, a entidade lírica máis antiga de España nesta materia.


Na categoría 'Audiovisual', o xurado recoñeceu o papel de Zaza Ceballos, produtora, escritora, directora cinematográfica e unha das pioneiras do audiovisual en Galicia. Directora e produtora executiva de Zenith Televisión, Ceballos recibiu a Medalla Emilia Pardo Bazán 2021 polo seu labor centrado no recoñecemento á muller.


O programa ' Dígocho eu' da CRTVG recibe o premio en ' Lingua' pola súa exitosa iniciativa de resolución de dúbidas sobre o idioma e empregando, ademais, unha linguaxe comunicativa moderna que conecta co público de todas as idades.


Patrimonio e proxección

O galardón na modalidade de 'Patrimonio Cultural' recae no Mosteiro de San Pedro de Rocas, probablemente o conxunto cenobítico máis antigo de Galicia e ser un singular exemplo de igrexa rupestre, escavada na roca viva na Ribeira Sacra.


Por último, o Premio Cultura Galega 2021 de ' Proxeción Exterior' será para a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina ( FSG), unha das máis importantes organizacións non mutualistas da emigración galega no devandito país e impulsora, entre outras iniciativas, da editorial Alborada.

Bernardino Graña, Antón Pulido ou Nova Galega de Danza, entre os Premios da Cultura Galega

Te puede interesar