O goberno local de Ferrol ten un amplo programa de remodelacións de moitas das vías da cidade. Iso é algo que ninguén pode negar, á marxe de que - é certo - xa estamos de cheo nunha longa precampaña, que acabará por materializarse en maio de 2023, cando co noso voto decidamos a nova corporación. De aí que, cada vez, teñamos máis ruído e constantes saídas de ton da “leal oposición” (por usar un término monárquico... se mo permiten).
Si creo que todo o que ten que ver co mantemento da cidade debera ter un pacto que sumara a todas as forzas políticas e con achegas económicas plurianuais. Sería o sensato. Achacarllo ao alcalde, é dicir, á súa concelleira de obras Ana Lamas, o mal estado das rúas de Ferrol é pretender ocultar que vaise facendo a poucos, xa que é imposible ter “impoluta” o conxunto da cidade. É dicir, que isto é unha “herdanza”, tamén, de anteriores mandatos e así até a orixe dos tempos.