Narón asina acordos para colaborar con centros de ensino do municipio

Narón asina acordos para colaborar con centros de ensino do municipio
A nova barredoira municipal do servizo de limpeza | daniel Alexandre

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou nas últimas horas tres convenios de colaboración con representantes de outros tantos centros de ensino da cidade. A cita contou coa presenza da concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. Os convenios asináronos, por parte dos centros, Mª Belén Franco Mouriz, directora do CEIP Piñeiros; María del Carmen Loureiro Rodríguez, directora do CEIP Virxe do Mar; e Mª del Carmen Vázquez Barreiro, directora do CEIP Ponte de Xuvia.

En conxunto, o importe destinado desde a administración local a estes convenios de promoción educativa ascende a 5.800 euros. O Concello achega ademáis recursos humáns co asesoramento técnico e administrativo do Servizo Sociocomunitario Municipal en todo o relacionado co contido do acordo a desenvolver. Estes contratos teñen vixencia desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2021.

O Concello, a través do Servizo Sociocomunitario, leva varios anos promocionando actividades educativas a través do programa de recursos de apoio á escola, “moitas delas nos parques temáticos e áreas medioambientais da cidade” como explican desde o Concello. Marián Ferreiro explicou que “en base á boa aceptación que teñen estas actividades e considerando a necesidade de darlle continuidade a este programa, un ano máis asinamos estes convenios”, uns acordos dirixidos aos alumnos destes centros, todos eles, con máis de 20 anos en funcionamento. A alcaldesa agradeceu a gran implicación nos programas que se impulsan desde o Concello e que complementan a outras organizadas dende os colexios. “Accións que consideramos moi importantes e, polo tanto, ás que queremos dar continuidade contribuíndo ao seu desenvolvemento na medida das posibilidades do Concello”, manifestou Ferreiro.

Doutra banda, as edís de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, e Igualdade, Mar Gómez, desprazáronse a finais da pasada semana a varios centros de ensino da cidade para entregarlles diferentes xogos cos que poder traballar co alumnado a igualdade de xénero.

En total entregaron 23 xogos en dez centros de Primaria da cidade –Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, A Gándara, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, O Feal e O Val–, e 13 nos que teñen unidades de Infantil –Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, A Gándara, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, O Feal, O Val, Domirón e Sedes–. Nos devanditos xogos se aposta por fomentar valores positivos entre os nenos como a importancia do reparto de tarefas, os roles, a igualdade, ou o bo trato.

Cos rapaces máis maiores tratarán de sacar á luz, por medio dos xogos, a importantes mulleres históricas.


Convenio Aurega


Doutra banda, destacar que a rexedora ven de asinar un acordo en materia educativa coa asociación “Áurega”, de familias de nenos con altas capacidades, talentos ou inquedanzas intelectuais que desenvolve obradoiros especiais, así como a escola de familias, que se trata de impulsar grazas a este convenio, que abrangue desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2021. 

Narón asina acordos para colaborar con centros de ensino do municipio

Te puede interesar