O Campus de Ferrol acolle unhas xornadas de podoloxía dentro do Outono Saudable

Un intre da reunión de onte entre Francisco Barea e responsables académicos do Campus de Ferrol | cedida

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responabilidade Social, María Jesús Movilla, asistirá hoxe, xunto co presidente do Colexio de Podólogos de Galicia (Copoga), Juan Dios Tomé, e o xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio Villanueva, á inauguración, ás 10.30 horas, das Xornadas de Podoloxía Deportiva que acolle o salón de actos Concepción Arenal, do Campus Industrial de Ferrol. Nas sesións, que se celebran para conmemorar o Día Internacional da Podoloxía (8 de outubro), participarán expertos académicos e dos servizos médicos de equipos profesionais de fútbol, baloncesto ou fútbol sala.


O evento en cuestión enmárcase no programa “Outubro Saudable” que promove a Universidade da Coruña.


Logo do acto inaugural, ao longo da mañá tomarán a palabra o profesor do grado en Podoloxía da UDC e máis do programa de posgrao en Podoloxía Deportiva da Universitat de Barcelona (UB), Manuel Romero Soto, o podólogo Pedro Lago Cascallar, o profesional de podoloxía oficial do Clube Deportivo Burela FS, Miguel Murias Carrasco, e o profesor do grado en Podoloxía da UDC, Francisco Alonso Tajes.


Programa

A de este ano é a sétima edición do mes de outubro UDC Saudable, que propón diferentes accións, a primeira delas a de hoxe. Así, para o vindeiro 20 de outubro haberá unha charla sobre “Patriarcado, mulleres e medicina”, da profesora de ESO e doutora en Filosofía, Carme Adán, na FEP. Xa na xornada do 27 de outubro desenvolverase unha camiñada con degustación de menú saudable proposto polo estudantado do Grao de Enermería, dirixidos pola profesora e decana da facultade Emma Rodríguez.

O Campus de Ferrol acolle unhas xornadas de podoloxía dentro do Outono Saudable

Te puede interesar