As rondallas toman o testemuño de Dulce Pontes nas festas de Ferrol

As rondallas toman o testemuño de Dulce Pontes nas festas de Ferrol
Busca do tesouro no castelo de San Felipe e, abaixo, primeiros momentos do concerto de Dulce Pontes | daniel alexandre

As festas de Ferrol entran nos seus dous días finais e hoxe reservan o escenario principal da praza de Armas para as rondallas. Añoranzas, Bohemios, Club de Campo, Só Elas e Sonidos del Alba ofrecerán o seu repertorio nunha actuación para a que se poden reservar as localidades na web de Ataquilla. En calquera caso, se quince minutos antes do comezo non se ocuparon as cadeiras, outorgaránselles ás persoas que estean na cola, por orde de chegada.


Será un petisco da música que volverá soar de novo na celebración das Pepitas, que se trasladou de marzo ao 11 de setembro por mor da pandemia.


Pola tarde, a actuación para público infantil estará protagonizada por Paco Nogueiras, que presentarán no Raíña Sofía o seu libro-disco “Extra!”. Neste caso as localidades levan días esgotadas.


Mañá martes o peche correspóndelles a Inventi Teatro, pola tarde, e a Andrés Suárez nun concerto moi agardado.


A de onte foi unha xornada na que aínda continuou a conmemoración da batalla de Brión, cunha busca do tesouro para os nenos no castelo de San Felipe e, pola tarde, no mesmo lugar, unha visita teatralizada. A maxia púxoa pola noite a cantante portuguesa Dulce Pontes.

As rondallas toman o testemuño de Dulce Pontes nas festas de Ferrol

Te puede interesar