Diversificación

moitas veces escoitamos aquilo da diversificación industrial para a nosa comarca, para non depender unicamente dos vaivéns da construción naval. E xurdiron empresas que abriron camiño, pero que a maioría non resultaron ter unha produción sostible. Mais a verdade era que había e hai outras oportunidades, entre elas a nosa ría, que ben xestionada pode ofrecer moitos máis postos de traballo dos que agora hai e que non só pode producir ameixa en cantidade e calidade, senón que podería recuperar aquela importante produción de zamburiña, que hai moitos anos era abondosa. E tamén o agro pode contribuír a elevar o nivel económico, como é o caso, entre outros, do queixo de Moeche, que para meu gusto, poderá se comparar con moitas outras marcas galegas e que coido que debería ser máis promocionado. Agora seica se vai promocionar o pemento do Couto, un produto do que tamén gusto moito; calquera dos dous teñen a suficiente calidade como para figurar nos menús das mesas máis esixentes, só é necesario que nós valoremos o noso, na súa xusta medida. Para min, os dous son unha gozada, moi válidos para acompañar ou rematar calquera comida das nosas, sen maiores “florituras”. Porque o queixo é ben saboroso, e os pementos do Couto, se comes un queres outro. Abofé.

Diversificación

Te puede interesar