Cando prima o curto prazo

na xuntanza de Salamanca, anunciouse un maior número de vacinas e que no ano 2021 un 55% dos fondos europeos ían ser xestionados polas autonomías. Aínda así non pasou de ser un acto máis por parte do Executivo para escenificar que a governanza funciona e que se está superando a crise da pandemia, malia a actitude de confrontación da dereita. Sendo certo que se fan máis reunións cos governos territoriais que nunca antes, o fundamental é que os encontros carecen dun temario concreto, e debates con resolucións. Daquela que este tipo de xuntanzas fosen criticadas por varios presidentes de nacionalidades e rexións, por exemplo nesta última que as intervencións fosen únicas e reducidas a 5 minutos (polas protestas ampliáronse a 10). Tampouco se entende moito que papel ten o Presidente da FEMP, que responde a un chanzo máis baixo da administración, a non ser que se busque esvaer o Estado das Autonomías... ou será porque o representante é do PSOE?

O lóxico sería que estas xuntanzas estiven programadas, por exemplo, previas á redacción dos orzamentos, á metade e finais de ano, para valorar a xestión dos orzamentos a situación económica e social. É sobre todo, para dar resposta a cuestións como: o estado plurinacional, a ordenación do territorio e crise demográfica, a financiación autonómica, a desigualdade territorial, o modelo económico, a precariedade e desigualdade, a mellora das prestacións básicas, etc. Esta visto que non é este o obxectivo, e que as convocatorias teñen como finalidade ser noticia de portada. Daquela que Sánchez aproveitase o evento para anunciar que as autonomías ían xestionar 55% dos fondos europeos este ano, unha sorpresa que tiña gardada para poñer os titulares da reunión nos medios ao día seguinte.

Agora ben, para alén de que as autonomías vaian xestionar parte dos fondos europeos (porque non todos ou outra proporción?) entre os proxectos das comunidades non poderán estar os industriais, que se reserva o Governo central. Este non é un aspecto menor na Galiza tendo en consideración a difícil situación, na práctica desmantelamento, do sector enerxético relacionado co carbón, a construción naval, a transformación do aluminio, etc. Do que non hai dúbida é que este reparto contentou a todas as partes, deixando nun segundo plano neste tema e por este ano as diverxencias estratéxicas. O que amosaría que prima a falta dun proxecto claro ((tamén clientelismo?), ou só querer garantir este ano a súa completa utilización?.... Na práctica prima o tacticismo, e así nos vai.

Cando prima o curto prazo

Te puede interesar