Igualdade e solidariedade

volverse histéricos non pode ser a resposta, mais temos un problema de primeiro orde por mor da ruptura do equilibrio entre o ser humano e a natureza, que se manifesta a través dos virus, do cambio climático, das catástrofes,... Non son unha novidade, porén si a súa intensidade. Tal como destacan os/as científicos! Unha desfeita ecolóxica que pon en cuestionamento non só o modelo enerxético, senón tamén a presión demográfica, a ordenación do territorio, as mega-cidades, a mobilidade estrema... Son retos que a humanidade debe superar. Axudan nesta tarefa os grandes avances científico técnicos, os atrancos a confrontación entre potencias, polo que para súa solución fai falla o consenso e solidariedade.

Sen dúbida a UE pon o acento na enerxía porque carece de grandes recursos, para alén do carbón, mais non cuestiona outras eivas que fan insostíbel o sistema. A globalización neoliberal, ou sexa a economía capitalista de escala para maximizar a centralización e concentración do poder e da riqueza, alentou o militarismo, os bloqueos e sancións, o medre da desigualdade, da precariedade, mesmo nos países máis ricos. Vexase a evolución das últimas décadas nos vellos centro de poder, e como outras formas de reparto do traballo e da riqueza, nas que o sector público ten un papel máis relevante, conseguen un maior crecemento, como en China.

Por esta razón a loita pola hexemonía entre potencias está máis viva que nunca, como expresión das contradicións entre as clases sociais e entre os países. As provocacións militares nas fronteiras e as sancións a Rusia, China e Iran, así como o bloqueo e a intervención externa en Venezuela, Siria, Iraq, Cuba,... crean un escenario no que a pandemia, o ecolóxico, compite como prioridade coa defensa dos intereses soberanos deses países. Deixando en evidencia que, para alén do relato, o fundamental é a loita polo poder, dominar. E neste aspecto, a iniciativa e a responsabilidade na folla de ruta escollida está na potencia aínda hexemónica, os Estados Unidos, e naqueles países que por interese ou submisión, ou por ambos, súmanse a vía da disputa.

E, estas nacións, malia que teñan grandes problemas internos sen solucionar, como a precariedade e a pobreza, e a protesta social sexa moi forte, coróanse como “centro da liberdade e democracia” co obxectivo de xulgar a outros países e intervir na súa política interna. O imperialismo de sempre focalizado no inimigo externo. É hora de que as potencias dominantes acepten unhas regras de xogo igualitarias! Trátase de construír, non de desfacer.

Igualdade e solidariedade

Te puede interesar