Lembranzas

Hai poucos días, o noso xornal trouxo unha nova para min sorprendente, por un artigo de D. Vicente Araguas, intelectual e “racinguista” ( ¡¡case nada!!) na que falaba dun libro, escrito por un home con quen, malia a diferenza de idade, mantiven unha profunda e sincera amizade, nas derradeiras tres décadas da súa vida. O libro en cuestión, por certo cunha crítica moi favorable, titúlase “Repinaldos dulces”, e foi escrito por Carlos Sánchez Leira, unha persoa entrañable, con quen compartín ilusións, traballos e disgustos, na defensa da barriada das “Casas Baratas” de Recimil, participando, primeiro na Asociación “El Pilar”, que foi durante varios anos un verdadeiro exemplo de asociacionismo veciñal, editando un boletín trimestral que se entregaba a todos os veciños e organizando numerosos actos e actividades con xogos e concursos para a rapazada. Incluso nunha ocasión, participamos nunha cabalgata dos “Reis Magos”, cunha modesta carroza construída por un grupo de voluntarios. Foi unha etapa chea de ilusión, na que Carlos era un auténtico “puntal”, tentando mellorar o nivel cívico e cultural da nosa veciñanza. Despois, traizoados nas nosas utopías, xuntos organizamos a Asociación San Fernando, aínda viva, desde a que conseguimos parar a desfeita do derribo das nosas vivendas e o “Pelotazo urbanístico” pretendido por algúns políticos corruptos que trataban de encher os seus petos, estragando a vida da maioría das familias aquí residentes. Hoxe a barriada está recoñecida como Patrimonio de Galicia, e boa parte dese logro debémosllo a Carlos e aos que con nós loitaron. Sempre estará na miña memoria.

Lembranzas

Te puede interesar