Samuel

Levamos días que nin a choiva dá un respiro. Este verán está a ser moi cru, pero esas bágoas insistentes da propia choiva, que nos empapan cada día, si decidiron parar para que puidéramos achegarnos este luns á Praza de Armas. Xusto media hora antes da convocatoria dounos un respiro, a modo de solidariedade co mozo coruñés morto por unha turba de covardes asasinos.


O impacto deste asasinato é tremendo. A resposta de Ferrol así o testemuña con esta concentración de repulsa. E, preguntámonos, como é posible tanto odio? Como temos normalizada tanta violencia? Como nestes anos os discursos ultras entraron nas nosas vidas con tanta impunidade?


Samuel somos todos. Hai uns días foi el, mañá será calquera, incluso aqueles incautos que cren estar a salvo e súmanse, sen reparos, ao relato miserable dos ultras. Xustiza para Samuel. Xustiza, defensa da democracia e dos dereitos fundamentais.

Samuel

Te puede interesar